Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

Manifestación, o 28 de novembro, pola reindustrialización das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

  • Partirá ás 20 horas da praza de España de Ferrol

CCOO, UGT e CIG convocan conxuntamente unha manifestación para a vindeira semana, o 28 de novembro, pola reindustrialización das comarca de Ferrol, Eume e Ortegal. Os sindicatos toman a iniciativa ante os peches xa coñecidos de diferentes industrias, así como as ameazas que axexan a outros sectores. A marcha partirá ás 20 horas da praza de España de Ferrol.

22/11/2019.
Cartel anunciador da manifestación

Cartel anunciador da manifestación

Os peches de Poligal e Elinco (Narón), o posible peche da térmica de Endesa (As Pontes), a falta de encargos para os estaleiros de Navantia (Fene e Ferrol) ou a posible deslocalización cara a Portugal de Gamesa (As Somozas) son algunhas das razóns que levan os sindicatos a mobilizarse.O secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, explicou que na manifestación tamén se reivindicará unha transición enerxética «xusta e ordenada». Segundo explicou, «dependemos das decisións das empresas, pero tamén das Administracións», e sinalou que a Unión Europea prevé 12.000 millóns en axudas no ano 2021 para os territorios con centrais térmicas e nucleares.